viernes, mayo 05, 2017

CLUB DE LECTURA "JOSÉ BECEIRO"

Onte, xoves 4 de maio de 2017, tivo lugar a penúltima sesión do curso do Club de Lectura de Adultos José Beceiro na biblioteca do noso centro. Reunímonos para falar da lectura do mes de abril que, por ser este o ano dedicado ao Teatro na nosa bibliioteca, tratouse da célebre peza de Fernando Arrabal Pic Nic. Despois de facer un repaso da vida e da obra deste autor tan prolífico, o primeiro comentario que xurdiu foi que a todas nos recordaba moito os monólogos de humor de Gila; e de feito, existen estudos que os relacionan, tal e como apuntou Mónica, polo xeito en que ambos empregan o humor e o recurso ao absurdo para tratar o tema da guerra. Isto levounos a poñer de manifesto o absurdo de todas as guerras e a característica común a todas elas de que castigan moito máis ás clases máis desfavorecidas e aos máis inocentes.
A sesión rematou por unha banda lamentando o descoñecemento xeral que existe en España en torno a este autor e tamén o subestimada que está a súa obra; e por outra, propoñendo esta peza como unha posible representación para os nosos alumnos.


No hay comentarios: