miércoles, abril 05, 2017

MIGUEL STROGGOF , PARADA E FONDA EN CATABOIS

Quen lle ía dicir a Miguel, o noso alumno de 1º da ESO que logo da lectura e representación do Achado do Castro, o seguinte libro ía ser o proposto por el. Como bo coñecedor da obra, presentóullela aos seus compañeiros e compañeiras de club. Falamos do protagonista, do autor. Acaso sabiades que Jules Verne tamén estivo en Galicia? Concretamente en Vigo. E que fixo recalar o famoso Nautilus no porto de Vigo? E sabes quen aparece cando baixa a marea na Illa de San Simón?



Pero vaiamos co noso correo do tsar.
Algunha das actividades paralelas á súa lectura foi situar xeograficamente os lugares do libro, buscar a etimoloxía de tsar, tsarina, buscar información sobre a época que narra, sobre o autor, sobre quen era o correo do tsar,

Un pracer sempre ler un clásico.

No hay comentarios: