viernes, diciembre 09, 2016

CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO

Érguese o pano.

Benvidas e benvidos ao noso recuncho lector . 
Este será un escenario onde non só actuará o noso alumando do Club de Lectura Xuvenil, senón que calquera de vós poderá actuar representando o seu pequeno papel nos comentarios que estaremos encantadas de compartir.

ACTO PRIMEIRO.
Comeza a función coa lectura da novela Reo, de Xesús Fraga.
Adentrámonos no mundo dos graffiteiros, perdón, dos escritores, como moi ben nos indica Reo que é como os debemos chamar. 

ACTO SEGUNDO.
E tinxímonos do léxico dese mundo ao mesmo ritmo que os sprais bombardean as paredes de tags, flopeos, potas, pratas, pezas. 
E aprendemos quen son os kekos, os treneiros, os chichotes...

Reo é a historia de "un rapaz de barrio. Un ninguén, vamos". Lembrávos isto a un tal Balbino? O Balbino de Neira Vilas tiña un Manolito ao que non había quen lle tusise. O noso Reo ten un Oni que o anda a tolear. 

EPÍLOGO
Comentamos os capítulos, a maneira de pensar dos protagonistas, criticamos a obra e puxémoslle outro final. Quen dá máis? 
Agora tócavos a vós deixar aquí plasmado o que vos pareceu esta primeira lectura. 

(ESCURO)

No hay comentarios: