miércoles, febrero 05, 2014
CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO
Xa estamos a ler novas historias. Nesta ocasión cada un escolleu segundo as súas preferencias entre Usha, de María Reimóndez e Kafka y la muñeca viajera de Jordi Sierra i Fabra. Con ambos os dous disfrutaremos e viaxaremos.
Usha levaranos á India e con esa nena aprenderemos sobre as diferenzas entre a nosa cultura e a hindú. Valoraremos a importancia da amizade e da solidariedade e tamén descubriremos a solución dalgún misterio.
Na obra de Jordi Sierra i Fabra -a quen xa coñecedes de Contos e poemas para un mes calquera-, Brígida é unha boneca moi aventureira que visitará, grazas á imaxinación do prodixioso escritor Franz Kafka, unha chea de lugares marabillosos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario