Ir al contenido principal
VISITA A SANTIAGO 
 O pasado martes 20 de novembro, os alumnos de 3º e 4º de E.S.O., acompañados por tres profesoras, tivemos a oportunidade de visitar as cubertas da catedral de Santiago e de gozar co espectáculo do resto dos tellados da cidade nunha vista dende o ceo.

Por suposto, recoñecimos a catedral por dentro, baixamos ás criptas, visitamos a exposición e, sobre todo, todos nós aprendimos moito coas explicacións da nosa guía Iria.
 Despois de comer, fomos á Cidade da Cultura. Interesábanos moito ver o famoso Códice Calixtino que tantas noticias vén de protagonizar; tamén quedamos abraiados coas miniaturas e ilustracións do Misal Auriense,  do Legenda Maior ou do Pasionario Tudense.

Comentarios