miércoles, octubre 24, 2012
CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO
A reunión de hoxe foi algo diferente. Ademais dos comentarios sobre O Diario de Carlota, xa comezan a xurdir opinións persoais sobre a discriminación de xénero que aínda nos rodea. Todo comezou a partir dunha das cartas que a avoa lle manda a Carlota coa experiencia en primeira persoa de nenas de diferentes países. Neste caso falaba unha rapaza chinesa.
Dun xeito parecido ao da nosa protagonista, Teresa e Iolanda quixeron que as integrantes do club tivesen onde plasmar eses casos de machismo que as rapazas van atopando no seu día a día. E aí estan, con cadanseu caderno violeta.
O vindeiro mércores leremos as súas anotacións.
Gozade coa lectura.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario