viernes, noviembre 27, 2009

BIBLIOTECAS DEL MUNDO



Comenzamos hoy una sección que hace tiempo teníamos in mente: un rerorrido por algunas de las mejores bibliotecas del mundo, las de más solera, las más impresionantes, las  que cuentan con más fondos... 
Os proponemos un viaje de biblioteca en biblioteca, disfrutando de la arquitectura, de las artes decorativas, de los sueños de saber y de poder de tantos "locos" tocados por esa extraña pasión por los libros, enfermedad altamente contagiosa.
Iniciamos nuestro viaje en la capital francesa y le hemos pedido a nuestra compañera de Lengua Francesa, Laura, que nos haga la presentación de la Biblioteca Nacional Francesa.


O seu nacemento sitúase en 1368 cando Carlos V “O Sabio” (non confundir co Carlos V español)  instala na Torre dos Falcóns do Louvre a súa biblioteca particular composta de 917 manuscritos.
Cando a monarquía se traslada a vivir ao prácido val do Loira, a biblioteca tamén se muda: primeiro a Amboise, e logo a Blois. No século XVII, os reis volven a París, pero a biblioteca medrara tanto nese tempo que xa non cabe na torre do Louvre e Colbert, ministro de Luís XIV, decide situala no barrio de París onde aínda permanece hoxe .
As confiscacións e embargos efectuados durante a Revolución de 1789 e o afán por preservar  e difundir coñecementos da Ilustración fan aumentar o fondo documental da biblioteca; e a partires do século XX o crecemento é de tal magnitude que en 1988, o presidente François Mitterand anuncia o 14 de xullo (festa nacional no país, conmemoración da toma da Bastilla) a necesidade de construír unha nova e moderna Biblioteca Nacional na beira do Sena.

A Biblioteca Nacional en datos:
* 20.000 m2. de superficie útil.
* 10.535.142 reseñas bibliográficas só no catálogo xeral.
* 2.651 traballadores.
* 3.314 postos de lectura.
* 3.506 lectores por día.

* 44.356 visitas ao día na páxina web (www.bnf.fr).
* orzamento anual: 254.000.000 euros.



No hay comentarios: