lunes, marzo 16, 2009
CONCURSO DA BIBLIOTECA
O personaxe desta semana naceu en Siberia. De xoven foi ladrón de gando pero ingresou nun mosteiro e converteuse nun místico. Pertenceu a unha secta chamada "flagelantes" e participaba en orxías, por algo o seu nome significa "libertino". Abandoa a secta e viaxa polo mundo aprendendo moito de esoterismo e teosofía.
Á volta ao seu país colle fama de adiviño popular e atribúeselle o poder de curar enfermidades mediante o rezo.
Debido a esa fama, o zar e a zarina do seu país chámano para que cure ao seu fillo o herdeiro dunha enfermidade relacionada coa coagulación do sangue, que padecen os homes e transmiten as mulleres.
Acadou moita influencia política no seu país e, para evitar isto, fórmase unha conxura para asasinalo e morre no ano 1916.
A xente chegou a pensar que era inmortal e dise que, despois de envelenalo e dispararlle varias veces, é arroxado ao río Neva, no que morre afogado.
Unha pista final: Era coñecido como "o monxe tolo".
PREGUNTAS
1.-En que país naceu o personaxe? En que cidade morreu?.
2.- Como se chamaban o zar, a zarina e o seu fillo?
3.- Que enfermidade padecía o neno?
4.- O personaxe predeciu a fin da familia reinante no seu país. Como foi esa fin? Cal era o apelido desa familia?
5.- Como se chamaba o personaxe? Por que nome era coñecido?

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario