jueves, enero 22, 2009

TERCEIRA SEMANA DO CONCURSO DA BIBLIOTECA


Estas son as preguntas do tercer día. Como vedes, o protagonista segue a ser o mundo artúrico do que xa falaremos nas prometidas recomendacións de cómics, libros e revistas. É mundo chéo de atractivos:
Nas lendas artúricas existe unha figura feminina que se dedicou a liar as cousas canto puido inda que logo se arrepentiría e non dubidamos (inda que non sexamos arxentinos) que tivera as súas correspondentes motivacións psicolóxicas: (1).................................. Algúns trátana de fada e outros de bruxa pero todos coinciden en que estaba dotada de moitos poderes. Parece ser que a súa teima era vingarse da morte do seu pai causada polo pai de Arturo con axuda de Merlín.
Utilizando un feitizo toma a apariencia da raíña (2)........................................... e ten un encontro amoroso co rei Arturo froito do cal naceu un neno chamado (3)....................................que vai herdar os poderes da súa nai e ó longo do tempo vai a utilizalos con moi malas intencións.
Pasan os anos e moitas cousas no reino. Arturo ten que ir a defensa do pais fronte os inimigos invasores e o fillo da fada (3) tenta de seducir a raíña (2).................................... esposa de Arturo. Non o consegue debido a que esta péchase nas torres do castelo de (4)..................................
Cando Arturo volta da guerra enfróntase co seu fillo (3) nunha batalla na que o fillo morre e el queda ferido. A fada arrepíntese de todas as súas vinganzas. Leva a Arturo para curarlle as feridas e coidalo a "Illa de (5)..................................."onde, conta a lenda, pasou o resto dos seus días.

Preguntas: Nomes que estarían nas liñas de puntos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola soy Alicia enhorabuena a los que ganarón de mi clase. Seguid así hasta la próxima.








































































xima

Anónimo dijo...

Hola chámome María e son de 1ºB.
Alégrome dos gañadores, sobre todo porque son da miña clase.
Espero que gañedes moitos máis puntos aunque iso non é o importante, se non participar.
Ata outra.