viernes, enero 30, 2009

CONCURSO DA BIBLIOTECA


O personaxe desta semana naceu no ano 1928 nunha cidade que ten un famoso barrio chamado Boca, onde se xoga ao fútbol e se baila o tango.

É un ilusionista especializado en cartomaxia que, coa súa mestría, supera un defecto físico que podería condicionar moito o seu traballo.

O seu xogo máis famoso chámase "auga e aceite" e acuñou a palabra "lentidigitación", que define a ilusión executada lentamente. A frase que define o seu arte é: "no se puede hacer más lento".

Os seus espectáculos son moi atractivos polas historias coas que acompaña os seus trucos.

O seu apelido podería ser galego e lembra a un paxariño ou a unha muller que lava a roupa. O seu nome artístico é unha abreviatura do seu nome real.

No disco "Suburbios del alma" de Marcelino Mercadante hai un tango cuio título dí que nunca xogues ao póker con el.

1. En que cidade naceu este personaxe?
2. Que defecto físico ten?
3. Cal é o seu nome artístico? e o real?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola soy Dani del grupo Los Flechas y tenemos 6 puntos. Estamos muy orgullosos.

Anónimo dijo...

hola soy Dani de 1ºB estoy en el grupo!Los flechas!estoy muy orgulloso de mi equipo:mis compañeros Javi y Cristian de 1ºB y Rubén de 1ºA.
Estamos en el tercer puesto empatados con Lujuria.