jueves, enero 08, 2009

PRIMEIRA SEMANA DO CONCURSO DA BIBLIOTECA



Comenzamos hoxe mesmo co noso concurso. Mellor comezar o ano co ánimo e ilusión e a nós dende o Equipo da Biblioteca non nos faltan.
Aquí estan a probas desta primeira semana:

Este curso, a Mascota "Feiticeira" guiaranos a través da historia e da fantasía e buscará con nós personaxes máxicos. SORTE!

-Díse que son tres pero poideron ser máis ou menos.

-Según a tradición, representan tres razas, tres idades do home e tres continentes.

-Gracias á maxia, saben moito da nosa vida. Tede coidado se non vos portades ben porque podedes acabar lixados de negro. Pero a ilusión ten moito que ver con eles.

-Podédesvos dirixir a eles por carta ou e-mail. Teñen páxina web!

-Son persas pero están enterrados nunha cidade alemá, aínda que a maxia e a ilusión fannos seguir vivos.

-Seguindo a traxectoria do planeta Júpiter, desprazáronse para facer unha visita importante. Antes de chegar ao seu destino, atoparon a un rei que lles pediu que volveran onda él ao seu regreso. Pero, por algún motivo, non o fixeron.

-Ofreceron como regalo á súa visita, tres productos: un relacionado coa realeza, outro coa divinidade e outro coa morte.

CONTESTA:

1. Como chamamos aos tres personaxes e cal é o nome de cada un?

2. En qué cidade alemá están enterrados?

3. A quen ían visitar?

4. Que tres productos ofreceron como regalo?

5. Con que rei se entrevistaron? Por que non volveron onda él?

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola Soy Erik de 1ºB Bueno el concurso esta muy bien, va a haber muchos premios tanto para los ganadores como para los no ganadores.
Un saludo Erik