viernes, octubre 24, 2008

O Club de Lectura: iniciamos a nosa andadura este curso

O noso club de lectura xa esta funcionando dende o principio de curso os primeiros recreos dos venres cada quince días. A participación cada vez é maior. Os dinamizadores son Alfonso e Victoria e asisten outros profes máis como Jose, Mónica e Pilar. Entre os alumnos hai de todos os cursos dende 1º ata 4º: Sara e Antía (1ºA), Cristian, Adrián, Carlos, Cristóbal e Ariadna (1ºB), Xerezade (2ºA), Jessica, Cristina, Carolina, Roberto e Dani (3ºA), Sara (4ºA), Álvaro (4ºDC).
Entre as propostas salientamos: a confección dun Pasaporte do Lector no que poidamos rexistrar as nosas lecturas durante o curso. Podedes achegar ideas para a súa confección. Temos a sorte de que os alumnos do Módulo de Artes Gráficas do IES de Leixa axudarannos na súa maquetación.
Temos a posibilidade tamén de que poida vir a noso club de lectura un autor de recoñecido prestixio na Literatura Xuvenil como Joan Manuel Gisbert.
Entre as suxerencias de lectura están: Carolina propón: La canción de Hannah de Jean Paul Nozière e Consumir preferentemente de Raúl Vacas. Jose propón El Libro de las chicas.

2 comentarios:

Chispa dijo...

Espero que ese Club de lectura teña unha longa e fructífera vida. Ánimo. Tamén vós sodes un exemplo para nós, que moi axiña empezaremos.
Saúdos agarimosos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos

cataboisbiblio dijo...

Moitas grazas a Chispa que sempre nos anima.