martes, septiembre 24, 2024

MOITA ANIMACIÓN NO COMEZO DE CURSO

 Coas baterías cargadas do verán, o equipo de biblioteca (este curso con novas colaboracións) ponse en marcha.

Continuaremos co Voluntariado; co Club de Lectura de Adultos; cos Clubs Xuvenís de Poesía, Narrativa e Debate; cos Xogos Inclusivos, pero tamén engadiremos novidades:

- O club de Manga alternará as súas sesións coa banda deseñada e a novela gráfica.

- Haberá un obradoiro de linguas estranxeiras (comezaremos polo árabe!!!!).

- Botaremos a andar un club de teatro e a ver quen acaba dando o salto á escea!


Axiña teremos á vosa disposición os calendarios de cada actividade.

Quen se anima????

Anotádevos en Biblioteca para as actividades nas que queirades participar. Agardamos por vós!

 


No hay comentarios: