miércoles, abril 24, 2019
XOGO DA BIBLIOTECA - SEMANA 11
Hoxe imos intentar profundizar un pouco na relación entre o planeta Saturno e as mitoloxías grega e romana.
O nome do planeta procede do deus romano Saturno, que na mitoloxía grega corresponde a Crono.
Os romanos puxéronlle ese nome porque está mais alonxado do Sol que o que recibíu o nome do seu fillo, deus supremo da mitoloxía romana.
- COMO SE CHAMA ESTE DEUS SUPREMO FILLO DE SATURNO?
- CAL É O SEU NOME GREGO?
Saturno devoraba aos seus fillos, mais un deles conseguiu sobrevivir, grazas a que a súa nai envolveu unha pedra entre os cueiros e deulla ao pai para que a tragase.
- POR QUE SATURNO DEVORABA AOS SEUS FILLOS? COMO SE CHAMABA O FILLO QUE SE SALVOU?
Outros planetas recibiron nomes de deuses familiares de Saturno.
- CAL ERA A RELACIÓN FAMILIAR DE PLUTÓN, NEPTUNO E URANO CON ÉL?
Tamén se relaciona co deus Saturno o nacemento de Afrodita...
- EXPLICA POR QUE.
Na honra do deus Saturno, os romanos celebraban unhas grandes festas.
- COMO SE CHAMABAN ESTAS FESTAS?
- ONDE SE CELEBRABAN E EN QUE DATA?
- Estas festas semellaban a unhas que nós celebramos polas datas, a iluminación e o adorno de árbores. A QUE FESTAS NOS REFERIMOS?
- Tamén semellan a outras festas que celebramos recentemente porque todo estaba permitido. Os escravos e os amos intercambiaban os seus papeis, podíanse facer críticas...A QUE FESTAS VOS LEMBRA ISTO?
RESPOSTAS:
1.- Xúpiter. Zeus.
2.- Porque temía que algún día lle quitase o trono. Xúpiter.
3.- Pluto e Neptuno fillos, Urano pai.
4.- Porque a deusa nace tras cortar Saturno cunha fouce os testículos de Urano, que se mesturan coa espuma do mar, dando lugar ao seu nacemento.
5.- Saturnales. Entre o 17 e o 23 de Decembro no foro romano.
6.- Nadal.
7.- Antroido.
O GRUPO GAÑADOR DESTA SEMANA FOI.............
..........LAHL...!!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Pareceume interesante o xogo de esta semana, foi moi entretenido
me encanta este concurso ;) !!!!!
Publicar un comentario