miércoles, abril 03, 2019



XOGO DA BIBLIOTECA  -  SEMANA 10


Esta semana relacionaremos a música e a literratura fixándonos no traballo dunha famosa banda de rock que triunfou entre os anos 1975 e 1990.


O líder do grupo foi Alan Parsons, que se uniu a un produtor e músico que traballaba nun álbum sobre a obra literaria dun escritor estadounidense. Da colaboración de ambos saiu un álbum inspirado nos relatos de misterio e poemas do mencionado escritor.
  
- CAL É O NOME DA BANDA DE MÚSICA?


- CAL ERA O NOME DO COLABORADOR DE ALAN PARSONS?


- DE QUE ESCRITOR ERAN OS RELATOS QUE LLES SERVIRON DE INSPIRACIÓN?


- CAL É O TÍTULO DO ÁLBUM DE SETE CANCIÓNS  BASEADAS NESES RELATOS?


Este mesmo grupo musical publicou un segundo álbum que tamén se basa na obra literaria dun importante escritor ruso-norteamericano, e que na súa carátula interior leva escrito o seguinte texto: "Yo Robot,...la historia del ascenso de la máquina y del declive del hombre, que paradójicamente coincidió con su descubrimiento de la rueda..."

- COMO CONTINÚA ESTE TEXTO?

- CAL É O TÍTULO DESTE SEGUNDO DISCO?




- ESTÁ INSPIRADO NOS RELATOS CURTOS DUN ESCRITOR CHAMADO.....





RESPOSTAS:

1.- The Alan Parsons Project.
2.- Eric Woolfson.
3.- Edgar Allan Poe.
4.- Tales of mistery and imagination.
5.- "y una advertencia de que su breve dominio de este planta probablemente terminará, porque el hombre trató de crear el robot a su imagen".
6.- I Robot.
7.- Isaac Asimov.


E O GRUPO GAÑADOR DESTA SEMANA FOI.......LUX!!!!
NORABOA!!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Me gustó mucho el tema de Cronos