lunes, diciembre 14, 2015

CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO



Marilar Aleixandre

Que andarán argallando este curso as rapazas e rapaces do club de primeiro e segundo, porque andan moi caladiños? Ui, algo se escoita ao lonxe. Que será? Unha multitude enfurecida? O vento a bruar? Non, non, agardade, xa se oe con máis claridade:

"MUUUUU!!"

Si, iso é, pero de onde vén ese bramido? Coidado, é dunha VACA CANÍBAL!!
Ai, Brensa, que susto nos deches! Teste que portar ben ou xa sabes onde te vai mandar o Pasmón!


E vós? Non o sabedes? 

Pois os membros do Club sabémolo moi ben. E tamén aprendemos moitas cousas sobre as vacas: para comer herba si que che teñen estómagos!!!

 Xa rematamos a nosa primeira lectura deste curso e podémosvos contar moitas cousas. Preguntade, preguntade.






No hay comentarios: