lunes, junio 10, 2013

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                                            CONCURSO DA BIBLIOTECA

  Despois de varias semanas sen entradas sobre o concurso, hoxe retomamos o traballo e empezamos a introducir os últimos textos .

  A seguinte información pertence ás Cantigas de Santa María.
  Son unhas composicións na honra da Virxe María.

  -CANTAS COMPOSICIÓNS SON?
  -EN QUE SÉCULO FORON ESCRITAS?
  -EN QUE LINGUA SE ESCRIBIRON?

  Non está claro quen foi o seu autor pero, probablemente, un rei castelán foi o autor de moitas delas.

  -DE QUE REI CASTELÁN FALAMOS?

  Tamén se lle atribúen alguna cantigas  a un trobador galego.

  -QUEN FOI ESTE TROBADOR?

  As cantigas están recollidas en catro códices (libros) que se conservan en diferentes ciudades.

  -EN QUE CIDADES SE CONSERAN OS CÓDICES?


                                                          RESPOSTAS

1-420 cantigas.
2-Século XIII.
3-Lingua galaico-portuguesa.
4-Afonso X o Sabio.
5-Airas Nunes.
6-Madrid (1), El Escorial (2), Florencia (1)

No hay comentarios: