martes, abril 30, 2024
ENCONTROS LITERARIOS MEC: MANEL CRÁNEO
Hoxe visitounos o artista gráfico Manel Cráneo para desenvolver un obradoiro a través da iniciativa do Ministerio "Encuentros literarios".
Tanto o noso alumnado de 1 ESO como os dos colexios CEIP San Xoán de Filgueira e CEIP de Pazos puideron gozar da proximidade do autor e compartir o seu saber como ilustrador.
Aquí deixamos as mostras dos talentos que se agochan detrás do alumnado cando unha persoa afable como Manel fai que afloren.

Etiquetas:
Encuentros literarios MEC,
Feira do libro solidaria
lunes, abril 29, 2024
viernes, abril 19, 2024
CLUB DE LECTURA XUVENIL ESO: OJO DE NUBE, DE RICARDO GÓMEZ
O Club de Lectura xuvenil ESO reúnese para comentar a lectura de Ojo de nube, de Ricardo Gómez. Ojo de Nube é un neno nativo norteamericano moi especial na súa tribu pola súa cegueira, que lle permite percibir o mundo de maneira diferente. A tribu dos crow, que vive en harmonía coa natureza, ve a súa comunidade ameazada pola presenza dos malacosa, o home branco. Unha aventura poética que defende o respecto pola vida e a diversidade.
miércoles, abril 17, 2024
Visitamos Celanova
Os clubs de lectura do IES de Catabois e o IES Saturnino Montojo organizamos unha xornada de visita a Celanova.
Primeiro, visitamos o Mosteiro de San Salvador, cun concerto didáctico de órgano, no que interviu o alumnado tocando a herba de namorar coa frauta doce. Despois, realizamos unha visita guiada á Casa dos Poetas (dedicada a Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín) e á biblioteca do IES de Celanova. Por último, visitamos a vila medieval de Vilanova dos Infantes e subimos á Torre do Homenaxe, na que se atopa unha reprodución da Virxe do Cristal.

lunes, abril 15, 2024
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

Os esperamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)