CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO
![]() |
| Marilar Aleixandre |
Que andarán argallando este curso as rapazas e rapaces do club de primeiro e segundo, porque andan moi caladiños? Ui, algo se escoita ao lonxe. Que será? Unha multitude enfurecida? O vento a bruar? Non, non, agardade, xa se oe con máis claridade:
"MUUUUU!!"
Si, iso é, pero de onde vén ese bramido? Coidado, é dunha VACA CANÍBAL!!Ai, Brensa, que susto nos deches! Teste que portar ben ou xa sabes onde te vai mandar o Pasmón!
E vós? Non o sabedes?
Pois os membros do Club sabémolo moi ben. E tamén aprendemos moitas cousas sobre as vacas: para comer herba si que che teñen estómagos!!!
Xa rematamos a nosa primeira lectura deste curso e podémosvos contar moitas cousas. Preguntade, preguntade.



Comentarios